Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

SITIOS DE INTERES

Aquí te mostramos sitios que tienen interés para visitar o conocer en Terroso y, para ampliar horizontes, también en las localidades mas cercanas.

Si conoces alguno, puedes enviarnos lugares que merezca la pena visitar en Terroso, no lo dudes. Puedes complementar la información con una fotografía y con un enlace a alguna página Web que trate sobre dicho lugar.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Sitios de Interés

O Monte do tío Celerique.

O Monte do tío Celerique.

Xusto onde empeza o ceo... alí está Terroso, tamén coñecido por Santa Cruz de Terroso. Está asentado nunha cunca pequena, bordeada por a serra, o Facho, a Gándara, e baixando de Portas Abertas por a Mentiña, as Ladeiras, a Costa da Sancha chegas á Cernada, onde os muíños do tío Xé enchían de fariña o pobo... E no medio de isa arquiña de ouro está o tesouro: Terroso.
Pero arredor do pobo tamén hai cousas que ver. A min de pequeno sempre me chamaba a atención un montiño redondo que hai alá no fondo do Carmanchón, entre o Ladeirón e os Inxertos. Contan algunhas lendas que houbo un home, de quen só chegou o nome de tío Celerique, que pasou por alí coa burra cando viña a fuxir dos mouros e gustoulle aquel lugar para facer unha cova e prantar unha viña, xa que era moi amigo de alpinar o xarro. E como a auga xa se bebe sin querer cando chove... qué menos que facer algo para que o bandullo tivera un respiro de vez en cando. O home andivo a cheirar arredor por se alguén lle gañara a dianteira e non atopou veciño algún ata alá no quinto carallo, onde non coñecían ainda a madeira de carballo. Cunha guincha que herdara de seu avó, que traballou de novo nas minas de Riotinto, púxose a sachar e sachar... e tanto sachou que despois de dez anos xa tiña unha viña, unha cova-bodega de seis varas de fonda e unha fonte ben encamiñada coa que regaba a leiriña de nabos que sementaba todos os anos para comeren il e máis a burra. O home foi feliz por moitos anos, que deberon ser un feixe deles, porque non hai escrito ningún que acredite ter morto. Por iso hoxe, se vas por alí e te metes dentro da cova (que inda existe) cando chamas moi forte "¡¡Leleriqueeeee!!"... ós poucos intres escoitas unha voz que repite... "...queeeeeee!!" Hai quen di que é o ECO; pero eu sei moi ben que é o tío Celerique. ¿E quén era o tío Celerique? Se non o entendiche... podes subir ata a Cócara que alí vive outro homiño e pode que cho explique.
Co tempo chegaron máis homes, tamén montados en burra, e foron asentando máis abaixo, alá por Lagares, onde plantaron moitas viñas ata chegar ó Cabanco por detrás do Facho. Na Peneda escavaron minas onde guardar o viño porque era moito, e como daquela non había camiños axeitados para traguelo ata a aldea... pisaban á beira da viña e logo íbano carrexado nos burrecos e mulos, que ter cabalos era moito luxo para aqueles tempos.
Hoxe todo aquelo está medio abandonado, non porque non sexa boa terra para viño, senon porque a xente prefire abrir unha botella de viño feito de xeito artificial antes de romper os cuadrís apañando uvas Xeria arriba.
De todos os xeitos inda hai algúns que loitan por manter a tradición dos vellos e procuran sacarlle zume ás terras do viño que tanto amaban os nosos antergos... No lugar das burras poñen tractores e a cousa vai millor. Lé, Vicente...

PacoBarxa, con fondo histórico.

jueves, 03 de enero de 2013 a las 14:14
Enviado por PacoBarxa.

 

A serra das Penas Libres.

A serra das Penas Libres.

Se acabas indo a Terroso porque te perdeches ou porque sabes que alí podes atopar algo diferente, non deixes de dar unha volta a pé por a serra que verás cara ó norte. Decataraste de que é unha muralla de granito máis ou menos espallado e con formas moi caprichosas. Non deixes de visitar a Pala, a Paliña, a cabanca do Potiño, a fraga do Esvaradoiro, a Barreira Branca e os Penediños. Conta a lenda que os dous penediños foron postos por o demo para inganar á xente: ún está cheo de ouro e o outro de veleno. De feito xa alguén tentou encachalos e púxolle a ún un barreno para chimpalo abaixo. Non tivo éxito e o penedo segue no mesmo lugar. Por iso non convén movelos do lugar por si resultara certo o conto... Verás que os dous penedos están postos nunha base firme e que o pé que os mantén en equilibrio é moi pequeno para tanto peso. Realmente dá que pensar... Tamén podes ver o "Nizcarro" e a fraga das Sete Talladas, que posiblemente foi un monolito que estivo orixinalmente de pé e que por algunha razón perdeu o equilibrio e partíu en sete anacos que se pode ver que coinciden perfectamente ún co outro. Esta pedra, para quen non o saiba, atópase na Poula da Mallada, á dereita da Barreira Branca seguindo a Cabanca do Potiño cara o norte. Os de Terroso xa o saben e os de fóra poden preguntar. A Pala é unha cova natural debaixo dun fragueiro de granito que decían os vellos atravesaba a serra e tiña outra entrada por detrás, cara Vilardevós. Habería que entrar e saber de certo o que hai debaixo da montaña. Hai outra lenda que conta que a serra das Penas Libres está furada por dentro e que ten unha trabe de ouro dende Portas Abertas ata o Salto do Cabalo que impide que se rompa e afunda. Son só lendas, inda que moitas lendas están detrás de realidades descoñecidas. Se alguén ten tempo e ganas de explorar pode atopar algunha sorpresa como din que atopou un tal Mascareñas de Verín, que se fixo rico da noite á mañán con ir dar unha volta por a serra de Terroso. Pode ser outra lenda...
Soltei a lebre. O que queira cazala que se aventure un chisco. Os nomes dos lugares conteñen algún segredo que se debería descifrar...
PacoBarxa.

domingo, 22 de noviembre de 2009 a las 21:12
Enviado por PacoBarxa

 

Terroso, a parabólica das estrelas.

Terroso, a parabólica das estrelas.

Os que nacemos en Terroso coñecemos abondo por qué lle chamo a parabólica das estrelas. Con sair a media noite cara calquera punto cardial arredor da aldea, se miramos ó ceo veremos un xigantesco manteo de estrelas que resulta moi difícil observar en outras partes. Vai por a estrada de Soutocobo, cara o Pouliño e fíxate no "camiño de San Iago", a Vía Leiteira chamada por outros. Fíxate ben e decataraste de que a galaxia está de "lado", tendo a impresión de que non estamos dentro da mesma senon nunha borda. É como se miraramos unha bica de graos de millo por o "canto"... Por enriba da serra pódese descubrir con facilidade a osa grande e a pequena, tamén chamados os "carros"... Erguendo a cabeza ata bater co couquizo nas costas está Xúpiter, ben visible cando o ceo está totalmente puído. E xa non falo do fato de satélites artificiais que se entrecruzar por enriba.
Para quen non coñeza o termo pode visitar Portas Abertas, con tanta lenda coma formigas voadoras van morrer alá cada ano. Non ten explicación lóxica, inda que é certo. Rodeado de montes importantes, Terroso resulta ser unha cunca de mel para calquera que entenda o significado da natureza. En tempos debeu ser un cruce de camiños moi transitado, por a fondura dos camiños que baixaban do facho e subían cara a Mentiña e Flor de Rei.
E xa non falo da riqueza humana das xentes, que considero das máis sanas e intuitivas da comarca, a pesares do aillamento a que estivemos sometidos en séculos pasados. Foi ise aillamento o que mantivo o enxebre da fala, da retranca e do ben entender de moitos terrosinos que andamos por o mundo adiante.
Tamén temos castañas, e roquiñas, e xestas para fabricar basoiras...
Que vos vaia ben a todos os que pisedes istas fermosas terras, non tan fértiles coma outras, inda que ben empedradas. Por algo temos a serra das Penas Libres...
PacoBarxa.

sábado, 31 de octubre de 2009 a las 15:07
Enviado por PacoBarxa

1
Tienes mas sitios cerca de aquí, en Arzadigos, Soutochao y Villardevos.

Página generada el viernes, 29 de marzo de 2024 a las 1:47:10
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE