Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Cristiñade

Pontevedra - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en CRISTIñADE, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Cristiñade, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Cristiñade puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Cristiñade

Cristiñade > Noticias

A NOSA POLITICA

A NOSA POLITICA

Parece ser, que nas próximas eleccións municipais Ponteareas vai contar con un novo partido independente. Despois de tantos anos sufrindo gobernos de distintas ideoloxías, creo que chegou o momento de dar un cambio a política no noso Concello.
A ideoloxía do novo partido e de dereitas, o centro non existe, non se enganen nin queiran enganar os cidadáns. A misión do novo partido non debe ser eliminar o Sr. González Solla, como dicían na nota de prensa, senón que o que nos interesa os cidadáns, e un bo programa de goberno e que este sexa un programa real, queremos políticos serios, traballadores e honestos, cousa que ata o día de hoxe non ficamos con moita sorte.
Esperemos ese novo programa que espero sexa axeitado os tempos actuais, e estou seguro que terán o apoio da maioría dos cidadáns, para facelo mellor que o actual goberno non fai falla esforzarse moito.
O meu apoio incondicional.

sábado, 13 de noviembre de 2010 a las 18:38

 

BANQUETE FÚNEBRE

BANQUETE FÚNEBRE

Hasta mediados do século XX celebrábanse nas zonas rurais o chamado Banquete fúnebre nos enterros, na actualidade non existen.
Isto que na actualidade parece un contrasentido e non se entende ben po-la sociedade, tiña unha xustificación, tal como se amosa de seguido.
Existe un gran erro na xuventude, pretender enxuiciar baixo unha óptica actual eventos ocorridos nun pasado, que aínda que relativamente próximo, dista moito de ser similar o presente.
Nos anos 20 ou 30 do século pasado non existían no rural coches particulares, e nos pequenos pobos como Ponteareas moi poucos, tan so pertencentes a algún médico ou persoa notable. Naquela época existían parroquias ( e a maior parte dos barrios das mesmas) sen acceso directo por estrada. Parroquias como, Nogueira, Picoña, Lourido, Soutolobre, Lira, Vilacova etc. non tiñan acceso dende estrada (por suposto sen asfaltar), po-lo que si fose necesario recorrer a un médico, notario, etc., este tiña que facer o percorrido a pe ou en cabalo. Si era necesario trasladar un ferido ou enfermo había que recorrer o transporte sobre somieres metálicos das camas ou similares, que moitas veces se transportaban sobre u carro dos bois. En Ponteareas había dos ou tres taxis e algunha que outra camioneta, que cargaban sómente uns centos de kilos, e algúns camións pequenos con posibilidade de cargar moi poucas toneladas, estes eran usados para transportar madeira ou viño. Un pequeno viaxe en taxi equivalía a varios días de xornal. Un viaxe a Vigo no autobús de Ojea, custaba 3 pesetas (equivalente a un día de xornal no agro), así pois un viaxe de ida e volta, importaba dous días de traballo, debido o cal o habitual era desprazarse o Porriño a pe, e dende alí en tranvía a Vigo, o que supuña un custo de noventa céntimos (prezos da época en plena guerra civil). Tampouco existían teléfonos nas parroquias, (os primeiros instaláronse o final da década dos anos setenta) para a realización de unha chamada por conferencia, era preciso ir a Ponteareas e facela a través da centraliña manual de telefónica, posto que non existía o servizo automático.
Cando ocorría un falecemento na parroquia, procedíase do seguinte xeito:
Dependendo da hora da morte (pois si esta se producía o atardecer ou de noite, procedíase coma si ouvise ocorrido a primeira hora da maña), os familiares de mais cerca (en distancia) que eran os primeiros en coñecer o falecemento, acudían a casa do defunto para ordenar o enterro. A familia acostumaba nomear un veciño ou persoa de confianza para que se fixera cargo de todo o funeral. O encargado nomeaba a súa ves a varios colaboradores (veciños ou amigos) os cales determinaban que se facía entre eles e distribuían os traballos.
O primeiro consistía en buscar xente (normalmente mulleres) para debullar millo (uns 30 kilos) e levalos o muiño ou a unha ceña, que o ser para un enterro non esperaba ves. O mesmo tempo un dos colaboradores era enviado a avisar o cura, para que determinara a hora do enterro e dixese a que outros curas había que avisar( nos enterros por aquel entón, acudían entre 3 e 6 curas, según desexos da familia ou do defunto, o normal eran catro) é avisar o sancristán para que tocase as campás.
Supoñamos que o falecemento prodúcese na parroquia de Cristiñade, o normal e que os curas a avisar fosen das parroquias limítrofes, (Guláns, Nogueira, Moreira, Fornelos, Areas), pero era o propio cura quen os propuña. Podía darse o caso de que algúns destes curas, estivese ocupado (por outro enterro ou aniversario, que tamén se celebraban con tres curas) entón había que recorrer os curas de S. Máteo, Angoares, Ponteareas, etc. e nunha última instancia, o convento de Canedo, onde sempre había frades dispoñibles (os curas eran recios a aceptalos se non era en casos extremos).
O colaborador que había ido a falar co cura, debía volver axiña para comunicar a hora do enterro así mesmo a que curas había que avisar ( e si algún destes viña con misa), esta labor acostumábana a facer entre dúas persoas que estivesen ben coordinadas.
Unha ves coñecida a hora do enterro, era preciso mandar a outros colaboradores a avisar os familiares. Dado que en esa época as familias eran numerosas ( ademais o feito da emigración, facía que se establecesen vínculos con persoas de Concellos limítrofes) non era nada estraño que o defunto tivese un irma casado en Xinzo, outro en Mouriscados; un fillo que vivía en Salceda ou Arantei; así como, compadres, curmáns, afillados, ou familiares repartidos po-las distintas parroquias. Todo isto debíase facer o longo da maña ou ata media tarde.
O encargado tíñase que desprazar a Ponteareas (a pe) xunto con dúas ou tres mulleres para mercar o cadaleito e procurar portadores que o levasen. Como queira que por aquel entón, os cadaleitos facíanse de varias medidas, levaban unha corda ou cana coa medida do defunto para asegurarse que o tamaño era o axeitado. Na mesma funeraria había coroas ou ramos de flores artificiais (xeralmente feitas con plumas pintadas) negras ou cardinalicias, que se portaban en grandes caixas de madeira que normalmente portaban as mulleres na cabeza. Así mesmo era necesario levar tamén as fachas.
Despois de isto, desprazábanse a praza de abastos e a algunha tenda, para mercar, carne, bacallau, arros, café. Tamén tiñan que mercar, medias ou pano negro, para facer roupa a algún familiar. Así mesmo debíase decidir quen portaría o cadaleito, si eran os familiares, amigos, ou po-la contra tiñan que buscar portadores pagados, que era o mais habitual. Buscábase un rapas pa levar o caldeiriño da auga bendita, que traería o sancristán xunto co crucifixo e as estaquillas para apoiar o cadaleito nas encrucilladas. Na maior parte dos enterros, contratábase unha persoa que tocase o bombardino, que acompañaba o enterro ( horneón ).
As primeiras horas da tarde ou antes, van chegando a casa do defunto tódolos colaboradores que de seguro aínda non comeron, po-lo que se lle prepara para todos eles unha merenda-cea. Durante o velorio que duraba toda a noite, raramente se deixaba só o defunto, agás nas noites moi frías que se refuxiaban na cociña o carón da lareira, servíase café e augardente ou viño quente con azucre, os presentes.
Os enterros salvo raras excepcións, facíanse sempre po-la maña. O cadáver era levantado en torno as nove ou dez da maña, dependendo do percorrido entre a casa do defunto e a igrexa parroquial. O chegar a unha encrucillada parábase, e os curas cantaban dous ou tres responsos que pertencían o propio enterro, pero casque sempre se achegaba xente que daba vintecinco ou trinta céntimos (era o prezo do responso) po-lo cal paraba bastante tempo o cortexo nunha encrucillada. Durante todo o percorrido cantábanse salmos, e na última encrucillada (xeralmente o torreiro da igrexa) era onde a xente que acompañaba o defunto daba os responsos.
O defunto era levado directamente o cemiterio e o acompañamento pasaba a igrexa (os funerais de corpo presente estaban prohibidos por motivos hixiénicos debido a pestes e contaxios). Na igrexa, no lugar que debería ocupar o cadaleito, colocábase unha simulación que representaba o orixinal e o seu arredor púñanse as coroas e as fachas. O funeral duraba moito tempo pois antes da misa realizábanse unha serie de cantos que duraban mais que a propia misa. A finalización do enterro producíase sobre a unha ou dúas da tarde, era entón cando se celebraba o BANQUETE FUNEBRE propiamente dito.
Tódalas persoas que estiveron traballando de balde dous días ¿retornarían as súas casas sen comer?. Os que viñeron de lonxe (irmáns, fillos, curmáns, etc.) ¿tamén marcharían así?. Si pensamos un pouco darémonos conta que a esa hora en pleno verán e practicamente imposíbel emprender unha camiñada xa que coincide coas horas de mais calor. É por elo que a toda esta xente se lle convidaba a comer e se lles agradecía os servizos prestados nuns casos, é a asistencia o enterro noutros.
Po-lo xeral despois do enterro os curas comían na casa retoral, convidados po-lo cura da parroquia, onde era frecuente que o remate da comida se xogase as cartas, incluso con apostas de diñeiro.
O día do enterro e rematado este, o encargado xa procuraba saldar contas co maior número de persoas posibles, pagar os curas, o sancristán, os portadores do cadaleito, os rapaces que levaron os pendóns é o caldeiro da auga bendita, etc. A noitiña ou o día seguinte, desprazábanse a Ponteareas (maiormente mulleres) para devolver as coroas, pois eran alugadas e levar o sobrante das fachas que na funeraria pesaban e cobraban a perda da cera. Ademais o día seguinte ou os dous días, as mulleres que habían participado no enterro, axudaban a lavar as roupas da cama ou calquera outra cousa necesaria. O encargado do enterro facía o resumo dos gastos que era entregada a familia do defunto para o seu cobro. En moitos casos e cando a situación económica o permitía, a familia adiantaba o diñeiro, entón en ese momento saldábanse as contas.
Teño ante min un recibo de gastos do enterro de, Ángel Groba Porto, veciño do barrio do Correlo en Cristiñade, falecido o 6 de febreiro do 1939.
Certificado médico 5 pesetas; Rexistro Civil 1 pesetas; Gastos de mercado 37 pesetas; Pan 8 pesetas; Tenda 10`85 pesetas: Cadaleito 95 pesetas; Aluguer de coroa 3 pesetas, Cera 4 pesetas: Fachas para aumentar 5`50 pesetas: Cofradia do Rosario 2`50 pesetas; Cofradia do Carmen de San Mateu 3 pesetas; Dous curas a 10 pesetas = 20 pesetas; Un cura con misa 15 pesetas: Sancristán 8 pesetas; Enterrador 6 pesetas; Horneón 6 pesetas; Portador do caldeiriño da auga bendita 1 pesetas; total 230`85 pesetas.

domingo, 07 de noviembre de 2010 a las 13:57

 

A MULLER GALEGA

A MULLER GALEGA

MULLER GALEGA
Xa me cargan os anos de mais;
xa me dobra o cachazo de veras
xa vin mundo nos libros que lin;
xa vin cousas da fora da terra
mais na vida que teño non vin
quen lle gañe a muller galega,
en virtudes, en xeitos e en modos,
nin en caras bonitas de veras.
Ela e fina, modosa e xentil
mais que o orballo que luce nas herbas,
mais que o cheiro das follas de malva,
mais que a neve que teñen as serras,
mais que a aurora que ben madrugando´
mais que a luz que no ceo alumea.
Cando nace, nace unha rosa;
é un anxo, cando ela e pequena
é unha santa, si aumentan os anos,
e si é nova, parede unha reina;
si é nai, é mais nai que outras moitas,
é mestra dos fillos que teña
é sostén dos negocios da vida,
é a pas, e armonía caseira,
pararraios de tódolos males,
corazón onde paran as queixas,
un espello onde todos se miran,
un consolo para tódalas penas.
E a fartura da casa pra todos,
o amor que para todos latexa,
un xuíz verdadeiro de pas
que dirime, con xeito, as contendas.
E si chora algún ben que marchou,
ninguén chora daquela maneira,
nin ten dores tan fondos e puros,
nin lle garda tan ben a ausencia,
nin lle saben gañar en ter loitos,
nin lle igualan en ter tanta pena,
nin comprenden aquela dulzura,
nin comprenden aquela modestia&.
Non comprenden&Tal xeito e tal modo,
son perfumes que ten nosa terra.

lunes, 25 de octubre de 2010 a las 19:24

 

Mariano Piñeiro Groba

Mariano Piñeiro Groba

D. Mariano Piñeiro Groba, naceu en Cristiñade, en 1873, ordenouse sacerdote en Tui, onde foi director, profesor e secretario de estudos do Seminario; despois pasou a ser Ecónomo de Porriño e do propio Cristiñade, e por último a Abad-Parroco de San Pedro de Angoares, parroquia o fronte da cal estivo 33 anos hasta a súa morte, acaecida no ano 1940, o seu sepulcro a perpetuidade, atopase no cemiterio da parroquia de Cristiñade onde naceu. Solo esta relación de nomes, descúbrenos a intensa atracción da natureza, da terra do mesmo curruncho natal en este home de espírito selecto. Todos son lugares da bisbarra de Ponteareas, da pequena capital que non se aloxan das ben amadas beiras do río Tea, o río que da poesía a toda a paisaxe daqueles vales. Todos se agrupan nunha mesma extensión, cerca das pontes Romanas que, en cortas distancias, salvan a corrente. Angoares (que conserva un templo románico moi notable) e case a prolongación da actual vila.
Non en vano se dixo que e feliz quen sabe atopar no curruncho no que naceu satisfaccións as ilusións da súa vida e, cumprida a súa misión, alí morre en paz.
Un home tan profundamente galego e comprometido coa terra e co modo de ser dos seus paisanos, posto no medio daquel ambiente campesiño durante toda súa existencia, alma iluminada de idealismo, pastor espiritual no mais amplo sentido, o querer atopar acordes armónicos, como os da natureza, entre as disonancias da vida circundante, comprendeu dende o primeiro momento que a súa misión non era solo a estritamente sacerdotal, senón tamén para completala, misión de cultura estendida e adaptada a todas aquelas xentes. As labores de cultura consagrou o seu tempo libre. Cumprindo con celo os seus oficios ministeriosos e imperativos de benéfico carácter, tan laudables foron os seus pasatempos, seus ocios que, así xurdiron, SOACES DUN ABADE PUENTEAREAS.- NOTAS HISTORICAS Y ETIMOLOGICAS, nelas admira un a paciencia beneditina que supón a recopilación de datos. Aínda que solo iso, acopio de apuntes, que non chegaron a cuaxar nun estudo orgánico, non obstante, sí, pode afirmarse, que constitúen os profundos piares sobre a que alzarse a futura historia de Ponteareas e da súa zona, foi a primeira rotulación do terreo e afirmación de bases.
A outra obra de tema literario e a serie de composicións en verso, diseminadas por distintos periódicos da época.- La Voz del Condado, La Integridad de Tuy, El Tea e Galicia Social. ¿Qué é esta serie de composicións así reunidas en copiosa variedade? Cosideradas no seu conxunto un reflexo do vivir da aldea galega, composto en múltiples facetas.

viernes, 22 de octubre de 2010 a las 20:02

 

O CURA D. MARIANO PIÑEIRO GROBA

O CURA D. MARIANO PIÑEIRO GROBA

Galicia, a máxica. Esa que puideramos chamar a illa da ilusión; circunscrita, en cadro, po-las augas do Cantábrico, e do Atlántico, onde se realiza o prodixio de que as cordilleiras tan adustas como a Pirenaica perden a súa fereza, o descompoñerse en múltiples derivacións de redondeadas colinas; os océanos, renden a súa bravura nos apacibles estuarios das encantadoras rias; nas que a terra sempre jugosa, toda ela e verdor de variadas gradacións, e o Ceo, velado po-la nieblina, todo e dulzura para a exaltación dos matices; na que a néboa pertinaz, todo o envolve en profundidade de misterio; na que as xentes parecen aínda vivir sumidas non soño de atavismo, dotadas dunha alma naturalista, primitiva e crepuscular, que constitúe a gran orixinalidade de esta rexión no espazo e no tempo, alma tan apegada a natureza, que se identifica con ela. Esa Galicia dadas tales condicións do ambiente e do espírito, ten que ser por forza, considerada no seu conxunto. Unha sínteses de armonía. Dentro de Galicia, a provincia de Pontevedra e a mais fermosa. Con dicir isto está feito o eloxio. Prescindamos das grandes cidades, nas que o tipismo desvanece. Fixémonos na aldea, e moi difícil imaxinar aldeas mais poéticas que as aniñadas entre os pliegues de toda esta comarca do Condado.
O contemplar, con éxtases, o seu desfile, tan só o paso do tren, soña un coa felicidade escondida en calquera daqueles arcádicos currunchos. Claro está que e suxestión superficial. Vista de cerca a vida aldeán ten moito, moitísimo, que cultivar e que redimir.
No marco dunha de estas aldeas, Cristiñade, naceu no ano 1873, D. MARIANO PIÑEIRO GROBA.

martes, 19 de octubre de 2010 a las 17:37

1 2 3 4 5 6 >
Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Bugarin, Vilacoba y Taboeja.

Página generada el martes, 16 de abril de 2024 a las 16:11:55
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE