Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Vigo

Pontevedra - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en VIGO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Vigo, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Vigo puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Vigo

Vigo > Noticias

Aparcamientos en la calle.

Aparcamientos en la calle.

Corina, devuélvele a los vigueses los aparcamientos "robados" por los otros "caballeros" y serás alcaldesa por muchos años... No hagan demagogia ofreciendo dinero en el plan Renove para que la gente compre coches que después malamente puede utilizar en la ciudad. Al pagar el impuesto de circulación estamos pagando el derecho a circular libremente y poder estacionar en cualquier sitio convenientemente adecuado. No vale que el alcalde se reserve el derecho a parar donde le salga del freno, incluído el aparcamiento reservado para ir al fútbol, mientras los demás tenemos que dejar el vehículo en charcos y barrizales que lo destrozan por fuera y por dentro. Dad una vuelta por los barrios y veréis lo que nos dais a cambio de lo que nos quitáis a mano armada. Y se debía acabar con el abuso de los coches "con privilegio": cualquier carromato de limpieza aparca donde le place, cortando incluso el tráfico. Y no hay quien los multe. ¡Como son de casa!

Otro que no está conforme con la tiranía parlamentaria.

viernes, 14 de mayo de 2010 a las 21:17

 

APARCAMENTOS NA RÚA.

APARCAMENTOS NA RÚA.

¡Queremos aparcamentos nas rúas porque pagamos para circular libremente e por onde precisemos! Se non queredes que aparquemos non cobredes o imposto de circulación. Xa está ben de dictadura, carallo. E vai para todas as vilas e pobos, non só para os mandatarios de VIGO.

Disconforme.

viernes, 07 de mayo de 2010 a las 20:25

 

Morte con fouce... e martelo.

Morte con fouce... e martelo.

Acaban de asasinar o Camiña da Carballa. O que antes daba vida a perto de sesenta personas agora non é máis que un deserto, unha rúa morta coma outras tantas en Vigo. ¿Por qué desperdiciar tanto espacio de terreo cando fai tanta falla para servicio dos cidadáns? ¿A Vitrasa é tan absorbente que quere monopolizar o circular por a Vila? Iso de que todos somos iguais perante a lei é un conto dos que lle contaban ós chinos cando foron alá os primeiros "mongólicos", que máis tarde os obligaron a construir a gran muralla... En Vigo xa temos a gran muralla do Cinturón de Matamá. O día que precisemos escapar da Vila por un tremor de terra ou incendio xeneral, ou bombardeo (que todo é posible ó paso que vai o mundo), morreremos o oitenta por cento por non ter por onde escapar. E seguen empeñados en pechar rúas para que os zombis camiñemos arrastrando os zocos mentres eles viaxan por onde lles sae dos collóns, aparcan en reservados para ir ó fútbol e nas paparrias poñen un cerco ....... que non deixa pasar nen o vento. A todo porco lle chega o seu san Martiño...
Volverán as escuras anduriñas... inda que para cando volvan xa non quedará nada sen marcar co ferro do dictador comunitario. ¡Ogallá voltara a década prodixiosa!
CAFE, compañeiros e xa que ven o verán... Caballero, al helao rico, que para pobre xa abonda cos que o somos por lei.

Outro disconforme coa mala xestión dos que xestionan.

PacoBarxa.

jueves, 06 de mayo de 2010 a las 22:44

 

Xa crían os parrulos...

Xa crían os parrulos...

Se vas río abaixo, ou río arriba... ¡Pero qué máis dará ir río abaixo ou río arriba! Non dá o mesmo, non penses. Se baixas por a dereita, como só hai un carril, cando subas virás por a esquerda, e ise troco político sempre foi moi mal visto... O certo é que de calquera recanto do río podes ver sair unha parrula cos seus parruliños, semellantes a pequenos garabullos de pelandeu que nadan na auga coma xoguetiños feitos na China para entreter a cativos e maiores... Non é así o caso dos parrulos, que se adican ás súas carreiras competitivas, amosando os "foraborda" para demostrar que os seus motores son os mellores do río. E despois está o "Gran Parrulo", himpado coma cisne solitario, rodeado sempre da parrulada maior para que as parrulas estean atentas ós seus reclamos...
Repuxeron a Festa da Xuventude en Balaídos, sustituto da de San Antón da Florida. Cantos menos cartos hai na artesa máis se tira do aire... A festa non ten moito que ver cos parrulos, inda que imos ver como durmen se hai troula ata as tantas da noite... ¡Que non vos furen os miolos!
Cando esbirran as chivas é porque hai esbirros perto...

PacoB.

martes, 20 de abril de 2010 a las 11:13

 

Concerto para tapa de sumidoiro en fa-do sostenutto maiore.

Concerto para tapa de sumidoiro en fa-do sostenutto maiore.

Enfado sostido é o de moitos cidadáns da Florida(antes avenida, agora carreira de cans) por o concerto que teñen que soportar dende que se pon o sol ata que se volve poñer, porque non coido que poñan remedio ó mal. Despois da humanización e repoboación forestal da dita "carreira" as beirarrúas medraron un metro por cada beira, encollendo o espacio destinado á rodadura de "bechos con rodas" a tres carrís, un para sair cara a onde poidas e outro en dirección á cidade pantasma..Antes dos amaños, feitos de aquela maneira, as tapas redondas que dan paso ós sumidoiros e arquetas de cableados diversos pasaban xusto debaixo dos coches, entre as rodas, e raramente pisabas algunha. Agora, ó desplazar a rodadura un metro cara o centro da rúa, as tapas están xusto por onde pasan as rodas. Imaxínate o bombardeo contínuo que teñen que sufrir os habitantes dos primeiros, dos segundos, dos terceiros, dos... Comprobado por min ás tantas da noite o concerto ven sendo: ton...tontonton...tonton..tontolontón..ton... tontonton...tolontonton...etcetcetcetc.. E o problema é que o concerto está en fa-do, que ven querendo dicir que a xente vai empezar a queixarse ou a quedarse xorda. E o perigo sería que nos quedaramos xordos, porque dise xeito non nos enterariamos de nada e cada quen faría o que do peto lle saíra... Estamos empezando a calar por aburrimento sen decatarnos de que iso é o que queren que fagamos os que dirixen o rabaño. ¡Cando as cabras se converten en ovellas xa non hai quen rille nos toxos e poden invadir o monte sen deixar onde medre a boa herba que precisamos! Que non vos furen os miolos, que a zombis logo se chega... O Universo camiña a unha velocidade preestablecida por a Creación. Ista xente quere levarnos a fume de carozo ata que nos espetemos de fociños na primeira curvatura de Saturno. ¡Ollo co can! Os ciclos sociais repítense cada cen anos de un xeito moi semellante... Os cans deben estar para protexer o rabaño, non para rillar nel. Con todo o respecto que o ser humano se merece... onde o haxa.

Un disconforme co que teiman impoñernos coa forza da papela electoral...

PacoB.

martes, 06 de abril de 2010 a las 22:13

< 1 2 3 4 5 6 7 8 >
Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Matama, Valladares y Moaña.

Página generada el viernes, 19 de abril de 2024 a las 17:27:37
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE