Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Vigo

Pontevedra - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en VIGO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Vigo, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Vigo puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Vigo

Vigo > Noticias

Regreso o futuro.

Regreso o futuro.

O concello de Vigo acaba de abrir unha porta dimensional para que os antergos dos vicuenses poidan regresar e facer turismo na moi mellorada "costa norde" do Castro. O viaxeiro do pasado pode atopar todas as modernidades posibles en amplas cabanas axeitadas para a convivencia dos séculos. Por o momento só se puxo teito a un par de vivendas, pois, non sabendo a acollida que pode ter, prefiren non tirar os cartos por a fiestra e gardalos onde deben estar: no peto. ¡Así se fai! Pero imaxinade que un bon día, por sorpresa, se presenta Breogán co fargallo na man, seguido de seiscentos servos, porque ouvíu falar de que no IFEVI vai haber carreiras de carrilanas. ¡Non lle imos facer o feo de que durman debruzados na herba, tirados de calquera maneira monte arriba! Si ó menos non houberan esborrallado o castelo de san Miguel, que coido chamaban tamén Campo de Granada... Total, tanto se ven Breogán, Atilano, o dos hunos, ou o Pai Bacouceira a cousa xa está prevista... No intre en que entren por a porta dimensional os viaxeiros do pasado empezarán a colmar de palla ou co que teñan a man, para que ninguén se vexa na obriga de deitar ó orballo da noite, as outras cabanas xa preparadas para calquera emerxencia. ¡Xa, inda que a cousa non resulta tan sinxela! Primeiro terán os viaxeiros que pasar a corentena, non vaian vir con piollos. Para elo permañecerán enxaulados (engaiolados para os lusitas) o tempo que faga falla. Unha vez comprobada a súa inocuidade, permitiráselles visitar toda a "cidade prohibida", podendo prender os cabalos ós parquímetros, farolas e arborado. Debaixo de cada árbore poderán depositar "o que lles sobre", que sempre será de agradecer o estercado automático da plantación. ¡Hay que humanizar, señores, que cada vez somos máis bestas! O que lles estará totalmente vedado ós visitantes do pasado é andar de noite, pois xa hai "colgados" abondo como par soltar máis pantasmas... Xa só me queda por dicir que non lles cobren en euros, que serían complicado para eles. Mellor que lle cobren en "maquías de millo", que de seguro teñen para a mantenza das cabaleirías... E boa viaxe, amigos visitantes. Isto é Vigo, e embigos hai moitos...
PacoB.

lunes, 05 de abril de 2010 a las 14:30

 

Pandeirada.

Pandeirada.

Adicada a D. Xosé L. Méndez Ferrín, presidente da R. Academia Galega, lembrando vellos tempos de conversas cativas na rúa por non ter tempo de falar máis.
Pimpilimpin, pimpilimpin.
Onte na rúa topei con Ferrín.
¡Olla que troques fixo Merlín!
Máis revoltoso na vida che eu vin
cando iste Méndez
inda era Ferrín.
Pimpilimpin, pimpilimpin,
onte na rúa
falei co Ferrín...
És bon amigo,
¡certo que si!,
polo pelico
dun quiquiriquí.
Mais no que penses
ou no que digas...
as túas cousas son túas,
non miñas...
Pimpilimpin
dixo na Bouza o Fermín...
¡Onte na rúa...
rifei con Ferrín
por ti
e por min!

Para un bon amigo que tamén sabe rir...

PacoBarxa.

sábado, 20 de marzo de 2010 a las 10:36

 

Plan Ehhhhhhhhh.... xa está ben!

Plan Ehhhhhhhhh.... xa está ben!

Se ves a Vilaburacos,
entre Saiáns e Chapela,
olla ben por onde rodas
porque quebrarás as pernas.
Non veñas en coche novo;
nunha burra é menos perda.
Verás cousas tan extrañas
e toparás con sorpresas
que na túa vida, irmán,
xiquera pensaras nelas...
Hai furados na Gran Vía,
na Ribeira e na Falperra,
rúa Coruña, Lalín,
de Bairamar ás Travesas.
Na Prolongacúión... ós pulos,
en Bouzas sen alameda,
e se subes á Garrida...
ceo santo, qué condena...
¡Ai o demo, xa esquecía
o buraco da Condesa!
Non quero falar, por dó,
do da finca da Marquesa
onde o teatro parece
que se esqueceu das comedias
e o que tentan facer
non o perdoan as merlas,
que terán que ir aniñar
a Zamáns e noutras veigas...
Por iso, querido amigo,
no coche mellor non veñas:
déixao preso no monte
e ven na besta que teñas
que nista Vila xa somos
un grande fato de ovellas,
conducidos por cadelos
que nos morden nas orellas...

PacoBarxa.
(Para Víctor Pazó... porque a min me dá a gana).

jueves, 11 de marzo de 2010 a las 22:06

 

Replica

Replica

Meu ben estimado Paco Barxa:
Canta razon tes, notase que os anos non pasaron en balde para ti. Estou dacordo no que dices das nosas ruas, xa por elas moi estropeadas, e o parcheado que estan a facer cos cartos do Zapateiro e unha proba mais do mal gobernados que estamos a ser. Un saudo.

sábado, 06 de marzo de 2010 a las 13:59

 

¡Auga vai...!

¡Auga vai...!

O presidente francés debe estar moi agradecido porque gracias ó Plan E (Engano, Estafa, Evasión de cartos públicos....) están a adicarlle todas as corredoiras deshumanizadas e reforestadas. O enlousado, perfectamente colocado, coas presas, deixa cada fochanca que máis che vale ir ben calzado se non queres alagar. Falo de cando chove, ou cando a proliferación de cans vai deixando esquecidos chouriziños con mollaca, que os donos deberían recoller e botarlle ó cocido de grelos da fin de semana. A min paréceme ben que se repete ós animais, inda que prefiro que sigan sendo animais e que non se lles intente humanizar. Xa somos poucos mal evolucionados e pretendemos que o porco e o "marrau" coman da mesma maseira.
Pois o que dicía, o presidente francés vai vir en persoa inaugurar as novas "rúas" de Vigo, xa que despois de media hora de choiva todas elas se chaman "Charcosí-Charcosí-Charcotamén"... Non hai unha xiquera, inda estando costa abaixo, que non teña o seu bebedoiro para paxaros gracias a impresionante boa colocación dos "cachelos" de granito puído que se están sementando na Vila.
¡Santificada e calallerosa cidade da oliveira! ¡Alá vou!
Para os amigos, PacoBarxa.

miércoles, 24 de febrero de 2010 a las 20:08

< 1 2 3 4 5 6 7 8 >
Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Matama, Valladares y Moaña.

Página generada el jueves, 25 de abril de 2024 a las 2:53:32
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE