Marzoa unha parroquia especial que se acaba
Marzoa para min é unha parroquia que cada vez que penso que se acaba danme ganas de chorar, porque é unha pena, cantas persoas maravillosas saliron desta aldea, con contos impresionantes que cando chos contas quedas abraiado, eu quería que a xente visitase Marzoa porque é unha aldea na que dan ganas de facer unha casiña, aunque fose solo para o verán. En Marzoa ai cousas moi bonitas como o tesouro que se atopou un muiño que ainda funciona, o coto do lobo, e moitas cousas mais que valen a pena de ver. Xa fai organizarase unha ruta por Marzoa e pouca xente se interesou pero os que viñeron quedaron con ganas de volver, foi unha ruta impresionante pasando polos pasos da grela e moitas cousas mais. En Marzoa o que había que facer era acabar de restaurar a casa famosa do señor cura e montar ali un bar-museo, porque por aqui pasa moita xente e eu creo que tería moita salida, e seria mellor que gastar o diñeiro en facer un parque e pequenas cousas asi que total non se utilizarian e morrerian co paso do tempo, como a biblioteca que o final non serviu pra nada, ai que facer cousas que teñan saída eu creo que o bar na casa do señor abade tería moita saída, e organizar mais rutas senderistas e facer un circuito de motos/bicis que si que se lle daría moito uso para os rapaces que combibimos aqui.
lunes, 16 de enero de 2012 a las 19:45
|
San Antonio en Marzoa
O próximo día 13 de xuño celebrarase en Marzoa unha verbena a cargo da orquesta Olympus acompañada por un dúo musical, na honra de S. Antonio. Non faltedes!
martes, 05 de junio de 2007 a las 14:35
|