Prado de la Canda

Pontevedra - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en PRADO DE LA CANDA, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Prado de la Canda, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Prado de la Canda puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Prado de la Canda

Prado de la Canda > Noticias

Concurso de fotografía

Concurso de fotografía

Neste día, 8 de decembro, tamén foron entregados os premios do concurso de fotografía que se celebrou durante o ano. O tema era o da maternidade. Presentáronse sobre 100 traballos e participaron máis de 50 concursantes. As fotografías están expostas no salón parroquial e poden visitarse os domingos pola tarde durante todo o mes de decembro.

O xurado avaliou a calidade dos traballos así como a orixinalidade e o gañador foi Francisco Rocha, de Prado da Canda, cun reportaxe en branco e negro composto por 19 fotografías. O segundo premio foi para María L. Rodríguez de A Cañiza, cun traballo titulado A espera. O terceiro para Carlos Lorenzo, de Vigo, cunha fotografía de Abancay, pertencente a ONG INTI, e o cuarto premio para Miguel Alvarez, de Santa Mariña de Covelo, cunha fotografía dedicada ás mulleres do rural e o seu traballo. Todos os premios consistían en material fotográfico.

domingo, 10 de febrero de 2008 a las 17:54
Enviado por Canibetiño

 

SERAN NO YOUTUBE, enlace

SERAN NO YOUTUBE, enlace

http://www.ford-maverick.com/show/Serán-en-Prado-da-Canda-(Covelo)/peneira/-PCC3gVlioc

domingo, 10 de febrero de 2008 a las 17:52
Enviado por Canibetiño

 

Xabriña

Xabriña

seguintes
elementos:
1.- Elementos naturais:
- O propio río Xabriña, con lugares de
grande beleza: Pozas para o baño, zonas
de remansos, pequenas ferven zas,
incluso un pequeño canón fluvial. Tamén
destaca algún dos afluentes do
Xabriña como pode ser o río Azal, que
baixa por Prado de Canda.
- Avegetación de rupícola, sempre presente
en todo o treito do río, con aveleiras,
ameneiros, salgueiros, loureiros,
sanguiños, carballos, castiñeiros,
cerdeiras e pereiros bravos, acivros,
etc.
- As fragas de carballos (Quercus robur),
especialmente a das Chozas.
- As extensas repoboacións, básicamente
de piñeiros, dos montes da Peroxa e
O Quinteiro.
- Nacentes de auga: Varios, especialmente
pola beira do río, susceptibles
nalgún caso de convertilos en fontes.
2.- Elementos da cultura e arquitectura
populares:
- Muiños: Existen arredor de trinta muiños
neste treito do rio e noutros regueiros
próximos ou nos regos que baixan
de Fontefría. Xa non traballa ningún
deles e moitos só son un montón de
pedras esborralladas. O proxecto contempla
a recuperación dalgún deles.
Alomenos un en Paraños que xa foi donado
á Comunidade de Montes. Outros
precisan unha limpeza e unha mínima
intervención.
- Pozas de regar, levadas de regadío de
prados e fincas de labor e levadas de
muiños: Moitas delas atuidas de escombro
e outras coas "tomadas" no río
desfeitas. Prevése a limpeza e restauración
dalgunha.
- Pontes, pontellas e pasales: Hai varias
pontes de distinta importancia, polas
que atravesan pistas asfaltadas ou só
camiños ou carreiros. Amaioría son de
pedra pero tamén hai algunha de formigón
seguramente porque as antigas
levounas unha enchente do río.

domingo, 10 de febrero de 2008 a las 17:48
Enviado por Canibetiño

 

ROTEIRO DO RÍO XABRIÑA

ROTEIRO DO RÍO XABRIÑA

A Comunidade de Montes Veciñais de Paraños recolle sinaturas para crear o roteiro do Xabriña Este roteiro do río Xabriña transcorre polas parroquias de Paraños, Prado da Canda e A Lamosa.

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños
está a traballar na creación dun roteiro que se empraza no
curso alto do río Xabriña, afluente do Río Tea pola sua marxe esquerda,
onde desemboca na localidade de Mondariz-Balneario.

Transcorre enteiramente por Terras do concello de Covelo
(Pontevedra), por un val con orientación Suroeste e, ademais
de percorrer as marxes do río Xabriña tamén se visitan as parroquias
de Paraños (na zona máis baixa do curso do río), Prado de
Canda e A Lamosa (máis altas e xa nas abas da Serra de Fontefría).
Nestes intres xa hai feitas xestións para a cesión dos lagares
da cera e tamén hai doazóns verbais de dous muiños en Paraños.
O resto do roteiro transcurre por camiños públicos ou pola
faixa dos cinco metros do dominio público hidráulico. Segundo
os promotores do proxecto agora hai que solicitar autorizacións
para as obras á Confederación Hidrográfica do Norte e a Licencia
Municipal.

Esta iniciativa conta co apoio e colaboración da CMVMC de
Prado de Canda, a CMVMC de A Lamosa, a Asociación Veciñal de
Paraños, a Asociación de Veciños de Prado de Canda, a Asociación
de Veciños de A Lamosa e empresas e persoas físicas entre
outros colaboradores.

Nestes intres comezan coa recolleita de sinaturas que
apoien o proxecto pedindo a tódolos veciños que apoien este
proxecto que contribuirá á conservación de elementos naturais
e culturais, así como á promoción do concello.

domingo, 10 de febrero de 2008 a las 17:48
Enviado por CANIBETIÑO

 

Un veciño

Un veciño

La hermosa aldea se encuentra en el ayuntamiento de O Covelo, comarca de A Paradanta, en un pequeño valle fronterizo con el santuario de A Franqueira, a tres kilometros de la N-120 y otros tres de la autovia Vigo-Ourense.
Si desea visitar la aldea cualquier vecino se la mostrará de buen grado.La aldea carece de alojamientos no obstante se le cederá una finca para que pueda acampar de forma gratuita. En la comarca de A Paradanta existen diferentes hoteles y posadas que distan a pocos kilometros de la aldea.

domingo, 04 de abril de 2004 a las 0:00
Enviado por anónimo

1
Tienes mas noticias cerca de aquí, en Franqueira, Paraños y Mouriscados.

Página generada el martes, 21 de noviembre de 2017 a las 3:34:25
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE