Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

Chamada...

Chamada...

¿Por ónde andades todos, que non vexo nada de naide? Supoño que seguiremos sendo de Terroso, que non esquecemos a nosa terra e que sempre se pode roubar un pouco de tempo á troula para contar o que nos pasou na xornada pasada. Entendo que primeiro é manter o corpo; pero tamén sei que un pouco de respiro ven ben para que o corpo volva con máis forza ó traballo. Non é precisa moita imaxinación para riscar catro liñas inda que sexan imaxinarias, como me pasa a min. Se non teño un conto que contar... invéntoo. Podemos falar das cereixas, que xa empezar a pintoxar, das cebolas ou de como ir a San Vicente tomar unha cervexa ó lado da casa dos mortos.
Non vos estou a rifar, Deus me libre. Só pretendo decirvos que non vos esquezades de que Terroso non pode morrer como xa morreron centos de aldeas de Galicia por non ter xentes que queiran vivir nelas. En Terroso, por sorte, inda se pode ter unha casa e pasar nela a mitade do ano. Eu penso ir por aí cando teña libre e a miña visita anual non a deixo escapar por nada do mundo.
Un saúdo e ánimo coas letras. Dúas liñas para dicir por onde anda o voso carro...

PacoBarxa.

domingo, 22 de mayo de 2011 a las 20:04

 

Ripar a folla...

Ripar a folla...

Onte baixando a pé por a gran Vía de Vigo, que está chea de negrillos, lembreime de cando subiamos ó negrillo da palleira, na aira de forxa, para ripar folla que logo se lle daba ós marraus. Non era fácil subir ó negrillo, inda que de tanto facelo xa sabiamos onde poñer os pés cos ollos pechados. Unha vez arriba atabas ben a saca nas polas coa boca aberta para ir enchendo. Había que ter conta de ripar con xeito para non esfolar as mans. Cando atopabas un guizo ou un cañoto groso entre a folla axiña parabas e tratabas de sacalo para que a folla fose limpa... Unha vez chea a saca atábase ben e botábase abaixo, esvarando despois por a gallas ata chegar ó chan. De paso, se había ninos de cerifollas ou xílgaros, iamos meter o dedo no cú por ver se tiña ovos ou paxaros... Os xílgaros case sempre acababan nunha xaula, cando non no espeto...
Logo cocíase a folla con farelos e era unha das comidas máis ensaladas que os porcos comían no verán. Supoño que ainda se seguirá facendo. O que non o saiba que o probe, que da bon resultado.

PacoBarxa.

viernes, 29 de abril de 2011 a las 14:47

 

Lembrando ó avó de Loli.

Lembrando ó avó de Loli.

O nabo da noz.

- Ai carpinteiro...
- Dime, Barrigas.
- Teño un problema de moita consideración.
- E por qué leiturgas ves a min co conto, se non entendo nada de matemáticas.
- Por as leiturgas que comen os coellos. ¿Vasme escoitar ou non?
- Por escoitar ninguén perdeu as orellas. Que che faga caso... xa será outra cuestión.
- Pois olla...
- Ollo.
- Do ollo se trata.
- ¡Non me digas que tamén a ti, e á túa edade, se che deu por sair do armario a istas horas da mañán!
- ¡Escoita, carallo, e déixate de lerias que non teño moito tempo antes de sair a correr cara á corte por soltar o canelo!
- ¡Codias de pan de millo! Nen que andiveras con furriqueira.
- ¿Decátaste por que teño que vir a ti, se ata adiviñas o que lle pasa á xente?
- Ou seña, que andas con furriqueira. Pois a istas datas do ano non deberías comer couvellas.
- E qué queres que coma, se o Delores só sabe facer o caldo e fritir xirelos cando cadra de que ven o Pipá co cabalo cargado de peixe.
- Pois que che merque unhas centoliñas, que son o mellor remedio para ter o ventre lixeiro e con boa marcha.
- E para qué quero eu cen toliñas, se coa muller xa teño abondo...
- Déixao, Barrigas, que contigo só se pode falar da guerra de Cuba... Vai ó caso, que teño que xunguir as vacas por ir riscar un pouco as leiras da portela dos Vales, que tiña pensado sementalas de millo.
- Nada, que levo vinte días cunha furriqueira que me obriga a correr máis que cando andaba nas trincheiras en terras de Teruel. Ó sentires fungar as balas por enriba dos agochos só tiñas a posibilidade de correr cara ó monte, porque os homes do ferrolán facían un furo onde puñan o ollo.
- Ahí está a solución.
- ¿Estás para foderme?
- Non, eu non o fago con animais.
- ¿Entón..?
- Unha bala ben posta onde se debe poñer pode acabar co problema máis groso.
- Non pretenderás que me líe a tiros cos peidos segundo van saindo do cú.
- Home, eu non che pediría tanto... Ademais, coa mala puntería que tés ti. Sería un perigo que empezaras a disparar habendo xente como hai por as rúas. ¿Probaches a poñer unha rolla no ollo músico para que os peidos collan medo e se desfagan antes de sair, como disimulando?
- Xa probei con todo e nada de nada. Na outra semana puxen unha rolla do garrafón e foi a pior cousa que fixen na vida. Deipois de tres días enrollado fun coa Delores sachar as patacas cara a Míllara. Eu ía diante, cáseque na outra borda da leira, cando sindo un ruxir nas tripas e alá vai a Delores patas arriba despois de rachar o pantalón e as calzas de franela que mercara na feira do Riós. O rolla saíu con tanta forza do ollo músico que lle foi impactar no ollo esquerdo á muller e case llo deixa pendurando na cara. Librouse porque a rolla era de garrafón de boca grande, que se chega a ser máis fraco éntralle por o ollo e sáelle por o couquizo.
- ¡Ai Barrigas Barrigas, esaxeras máis que un vendedor de quincalla chinesa! A quén se lle ocurre poñer unha rolla no cú sen deixarlle un respiradoiro para que saia o vento sobrante, como no fol da gaita...
- Home, eu fixen o que sempre se fixo co viño ó engarrafalo...
- Tamén queres comparar a forza do viño coa que fai o bandullo cando se sinte ben recheo de gas berciano...
- ¿Entón que raios me aconsellas, porque eu non aturo máis iste castigo?
- A cousa ten fácil solución. ¿Cantos días levas sen cagar?
- ¡A ti qué che importa!
- Barrigas... por algo andas co nome que tes...
- Levo tres días.
- Iso non é nada. Levo eu dez e ando máis lixeiro que a semente dun piñeiro antes de perder o parapente.
- De que falas...
- De merda. ¿Vasme facer caso ata o punto de ir ó Barranco do Demo na procura do único remedio garantido para o teu problema?
- Se fai falla vou ás Américas e descúbroas antes de que o fagan os americáns.
- Pois a traballar, que se fai noite. Mañán quérote aquí de volta coa raiz do toxo máis groso que atopes no barranco para eu preparar a soluciós a isas perdas de óleo que empezas a ter.
- Non pretenderás meterme no cú un raigoto de toxo para cortarme a furriqueira...
- Non pretendo cortarche a furriqueira, senon poñerche unha billa no ollo frautista para que ti mesmo poidas controlar a presión interior sen perigo de estoupar.
- Xa entendo. Tentas sementarme un toxo no cú para que recicle os gases internos e dese xeito...
- O que quero facer é sementarche un toxo no cú, deixar que medre un par de anos e logo serrar o trocho para poder furalo cun trado e deixarlle un respiradeiro por onde saia o gas e calquera cousa miúda que se che acumule na tripa.
- ¿E non podías sementar unha figueira, que á miña muller enméigana os figos e así podíaos comer no meu cú sen ter que ir roubalos á túa viña?
- ¡Carallo, Barrigas, cómo te pós por unha treta de merda!
- Nunca mellor dito... ¿E a qué viña todo isto?
- Ti saberás, que chegaches feito unha madeixa de liño e agora non hai por onde collerte. ¿Estás mellor?
- Home, agora que o dis... aí vai o derradeiro, que levaba tres meses agochado no apéndice.
- ¡Carallo, Barrigas, avisa con tempo para cambiarlle o filtro de aire ó narís!
- Vaille pasar a Itv se non queres que che lle poñan o cepo os da melemérita por andar cheirando a orballo no mes do san Xoán... Ti ben sabes que as cousas que entran no bandullo só teñen unha saída obrigada...
- Xa. Por iso o cú é a parte traseira da boca, e ás veces convén poñerlle unha rolla para que non solte ise vafo que tira a ún de costas. ¿Ainda segues interesado en remediar o problema da furriqueira?
- ¡Vai tanxer as vacas cara á leira de millo porque inda chega o inverno antes de que fagas a sementeira!
- ¡Cando vaias sachar manda á Delores por diante, que por moito que solte non pasará de cagachetas de coella!
- ¡Vas levar un murrazo neses dentes..!

(Fragmento do "Carpinteiro de Terroso", de PacoBarxa).

PacoBarxa

sábado, 09 de abril de 2011 a las 11:54

 

Abril augas mil...

Abril augas mil...

Xa van medrando os días. Ás portas do abril estamos e xa se poden probar os chourizos do verán. Claro que hai que ter conta que "en abril augas mil, coadas por un mandil. Se no marzo había espigas en abril ten que haber mil, porque no maio o "pendón" axiña ten que sair"... Non sei se vos lembrades do "mandil" que levabamos os pastores ó monte cando chovía ou estaba o tempo frío. Eu libreime moutas veces das inclemencias do tempo gracias ó mandil de picote que miña nai fixo da capa de soldado que meu pai trouxo de Ceuta cando volveu da guerra. Tamén me acordo das polainas, unhas tiras de picote que se enrolaban nas pernas ó xeito dos militares de entón, e que che mantiñan as pernas coma se entiveran no forno... O pendón, amáis de ser aquela bandeira que se levaba nas procesións do Corpus, é a flor do centeo e outros cereais, que co vento enchía os ollos de feluxe. A Manola de tío Salvador, e a Merche tamén, se mal non me acordo, choraban moito porque eran alérxicas ó pó. Había moita máis xente que tamén choraba, unhas veces de risa e outras porque se lle metía unha moxena da lareira... Postos a lembrar seguro que estariamos todo o inverno contando contos, coma antes. Agora xa non se contan contos. Malamente se conta o diñeiro, porque xa se encargan outros de contarcho para que non teñas máis do permitido... Eu teño moitos contos escritos e non os pode ler ninguén porque non os queren publicar. Sinto que só vos poida dicir que existen... Se hai algún interesado pódolle pasar algo por saber de tempos pasados máis tranquilos que os de agora...

PacoBarxa.

sábado, 26 de marzo de 2011 a las 12:28

 

GRACIAS

GRACIAS

Gracias Paco por todas estas esplicacions, que falta nos fan a todos ,
o da politica e un caso aparte, esto tarda en arreglarse, solo queda que nos prohiban comer o que queiramos.
O de Xapon e tremendo, fai temblar a unha estatua, pobre xente e nos queixandonos de parvadas.
Saudos

martes, 15 de marzo de 2011 a las 18:02

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 14 de mayo de 2024 a las 7:52:15
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE