Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

A Mercedes e fillos.

A Mercedes e fillos.

Dende Vigo toda a familia que aquí estamos da casa do tío Xé Carpinteiro, veciños vosos de toda a vida na aira da Forxa, unímonos a vós nos sentimentos por a marcha do teu home, Antoño, e do voso pai. A nosa más sincera condolencia, e que Deus lle día mellor vida da que lle permitíu aquí abaixo. Mercedes, Maruxa, Fina, Pepe... estamos con vós todos os que vivimos en Vigo, inda que non nos vexamos moito durante o ano. Un abrazo de bós amigos.

PacoBarxa, en nome de todos.

martes, 07 de febrero de 2012 a las 13:01

 

Recordos pos avos

Recordos pos avos

Vai un recordo por esos velliños que nos van deixando Ca única compañía dos recordos ainda tendo pouco roce con eles todos cando volvamos e non nos crucemos con eles estrañaremos os seus saludos..., biquiños para todos os que adican un momento a Terroso

jueves, 02 de febrero de 2012 a las 17:31

 

A Candelaria.

A Candelaria.

Acórdome de pequeno que un home de Soutocobo me dicía, cando ía coas vacas cara a Cervatela, na parte traseira do Ladeirón mirando cara o Lombo do Carro, por onde subían no outono os carros cargados de leña que cortaban nas Ladeiras, que na festa da Calendaria tiña pensado ir a Terroso e coller unha talanqueira de viño na taberna do Roque, porque era a única vez que a muller o deixaba ir á festa. Eu, como era pequeno, non entendía moito das malicias da vida e ríame por non chorar. ¡Mira que xa choveu dende entón! Xa nin me acordo de como se chamaba o home nin a cara que tiña. Pero de que dicía Calendaria sí que me acordo porque supuña eu que sería a muller do calendario.
En Terroso sempre se celebrou a festa, unha segunda festa, porque a principal é a do Corpus, que agora con tanta política non se sabe de certo cando vai ser, xa que cada quen a pon cando ten tempo libre. As festas de agora xa sabemos todos en que acaban. Pero as de antes tiñan algo tan especial que vías á xente facendo música inda que fose coas cazolas de ó lume porque ás veces rompía a palleta da gaita de tanto soprar e mentres o tío Nabor lle facía outra había que seguir a troula inda que fose batendo cun seixo nunha aixada. ¡E non faltaba o ritmo, carallo, que os cús das mozas non paraban de remexerse para que os mozos souberan onde había ou non había chicha que apalpar! E que non faltaran os foguetes. Unhas veces os de Pazos, outras o Xaraiba, e cando non era o tío Carpinteiro, meu pai, quen amañaba uns estraloques que subían ata tocar as nubes e cando querían estourar xa se lle acabara a mecha e caían fungando coma don Xosé cando tiña o narís conxestionado.
De todas as maneiras, a xente sempre fixo o que puido para pasalo ben. Que as festas da Candelaria sexan boas para todos e inde tocando o apalpando o bandullo, do porco, porco xa debe estar curado e pido socorro. Boas Festas, amigos.

PacoBarxa.

martes, 31 de enero de 2012 a las 19:34

 

2012

2012

Amigos, acabouse o ano como se foron acabando os que xa pasaron. Como podendes ver ós anos pásalle o mesmo que ás personas, que morren sen remedio. Claro que é unha morte moi diferente; pero ó fin e ó cabo qué máis ten morrer dunha gripe ca de que se che acaban os días que levas no calendario.
Pois xa que o ano pasado foi bastante regular, a ver se o que empeza mañá nos trae mellores cousas, empezando por a saúde e todas isas trapalladas que precisamos para vivir. E os que chegan a cen anos que conten o que poidan do século que viviron, que non é pouco.
Bó ano novo e que teñamos ó menos para ir tirando ata que nos chamen a filas os que viven no Piso de Arriba. ¡Boa Sorte para todos!

PacoBarxa.

sábado, 31 de diciembre de 2011 a las 17:20

 

FELIZ NAVIDAD

FELIZ NAVIDAD

Ultimamente escribo pouco pero sigo estando para que esto siga, os teus consellos chegaron tarde por que a gripe teñoa encima, pero vaina levar o demo que no na quero.
Eu creo que tu debes escribir o tu queiras, para eso temos a liberta e si lle pos algún adorno pareceme ben, a realidade a veces e un pouco sosa e sin sal tampouco sabe ben.
Eu co lumiño e a copiña de viño tamen conto por que o 27 empezamos a matanza e xa sabedes todos o da magriña no lume que ben sabe, faremos chourizos e algún rixon, que como solo me gustan a min farei poucos, estades combidados a matar os leitons que un deles pesa 300 k e para matalo fan falta uns cuantos forzudos.
FELIZ NAVIDAD E UN ANO CARGADO DE FELICIDAD, AMOR, SALUD E TRABALLO.

domingo, 18 de diciembre de 2011 a las 17:21

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 14 de mayo de 2024 a las 4:41:34
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE