Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

A festa

A festa

Notase o cambio de alcalde, xa que en Terroso nunca se molestaron en faer nada, pero este ano limpiaron as calles e a carretera para que este todo decente pra celebración da festa do pobo, así se fai as pequenas cosas demostran a grandeza das persoas...

viernes, 01 de julio de 2011 a las 13:36

 

Terrosiño arquiña de ouro...

Terrosiño arquiña de ouro...

A semana pasada estuven en Terroso coa miña familia. Inda que vivimos en Vigo, como tantos outros terrosanos, cada vez que asomamos en Portas Abertas e vemos esa tixeliña de verdura que forma o val de Terroso semella que se che pon o curazón nas gorxas e non te deixa respirar coa emoción. A dicir verdade xa había anos que non vía eu unha paisaxe tan verde. Fun dar unha volta, coa cámara de fotos, por a Cruz, o Valeciño e a Míllara e quedei sorprendido co ben que está todo dentro do aparente abandono das leiras. Hai moita xesta; pero tamén concheiras, castiñeiros e máis...
Por o menos esta vez non hai nada queimado recente e onde ardeu anos atrás volven sair con forza as carquiexas, queirugas e algún que outro montonciño de carabuñas de cereixa deixado por algún cú en apuros...
Fixen moitas fotos, todo o que me deixou a memoria da cámara, e despois de miralas chego a unha conclusión: A serra está catalogada nos mapas do estado nacional como "Sierra de Peñas Libres". Estabamos chamándolle ata agora "Serra das Penas libres (ou ceives como queren os do Bloque)". Para ben traducir teríamos que chamarlle "Serra das Fragas Soltas", entendendo "fragas" como penedos, non como queren entendelo en outros lares de Galicia. E de paso facer que a Serra sexa un mirador de todo canto se pode contemplar dende ela. O que nunca subíu á Barreira Branca pode facelo e comprobar que a simple vista poderá ver case medio Portugal, os montes todos das Estivadas, o Invernadeiro, as Portillas do Padornelo... O Larouco cara o poñente. E se ergues a cabeza cara o ceo xa non precisas telescopio para quedar pampo de tanta paisaxe de estrelas. A céntimo por estrela... miúdo cuponazo.
E isto é todo por hoxe. Animádevos porque Terroso tamén está no mapa e a "Serra das Fragas Soltas" é nosa, por o menos a mitade.
"Entre as fragas da Serra
hai moitos tesouros,
do tempo dos romanos
e tamén dos mouros.
O que os queira ver
que siga os carrouchos"

PacoBarxa

martes, 28 de junio de 2011 a las 10:32

 

Festa

Festa

Como moitos saberedes este fin de semana e a festa de Terroso, aínda que sempre hai polemica sempre se acaba por faer.
Dende que eu me acordo a festa sempre foi igual, unha banda o sabado pola tarde e unha orquesta pola noite. O domingo misa e procesión e pola tarde uns bailes coa banda esperando o remate con outra orquesta.
Por eso pido se alguen se anima a contar como eran antes e o que se acostumaba a facer.
Un saudo.

lunes, 27 de junio de 2011 a las 22:47

 

Visita a Terroso.

Visita a Terroso.

O 24, 25, 26.., pasámolo en casa dos meus pais, con Xerardo meu irmao. Fixen moitas fotos, que xa vos irei pasando, e tamén pasei por a nova estrada que vai ter ó salto do Cabalo. Algo mellorou, inda que, xa postos, puideron evitar moitas curvas. A saída para Terroso-Soutocobo non está moi clara, xa que te despistas e acabas en Sexirei...
A ver se siguen amañando un pouco a comarca porque merecemos algo do que xa teñen outros fai moitos anos. E que poñan un observatario astronómico na poula da mallada, porque dende alí pódese ver o un iverso enteiro.
Un saúdo e xa vos irei metendo fotos.

PacoBarxa.

domingo, 26 de junio de 2011 a las 20:09

 

Pillada

Pillada

Se ao final... cóllese antes a un mentireiro que a un coxo. De todas formas estos gastos compútanse despois das eleccións, do que teño as miñas dudas, porque ao ser alcalde en funcións non pode facer ningunha inversión, solo pode cerrar proxectos que tiñan pendentes.
Aínda así gastar 50.000¬ en tan só 15 días... unha boa medida de austeridade.

viernes, 24 de junio de 2011 a las 10:42

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el martes, 14 de mayo de 2024 a las 13:46:42
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE