Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

Os figos...

Os figos...

Coma outros anos chegaron os figos e volvín quedar coas ganas de comelos. ¡E olla que lle dixen a Xerardo que me gardara uns poucos nun cantiño da figueira! É que os comeron os pardais, os tornillos, as grullas, os avións.
¡E as carrizas, tócate o nabo! Se por comer é... non queda nada no monte. O que hai que facer é poñer uns bós chocallos que se escoiten en Rexosende, Lamardeite e a Bulideira. Xa verías ti as ganas que lles quedaba ós paxaros de comer con tanto ruído na mesa. ¡Ti és parvo, Paco! Abonda con poñer uns auriculares e xa non escoitas nada. Dese xeito podes comer ata estoupar ou que che saian os figos por as orellas. ¡Bo, tamén levas razón! Se non deixamos comer ós pobres animais agora que estamos en crisis... chegará o día que non se vexa un rousinol ou un pirluís no pouco de monte que queda. Isto é unha parvada, porque se algo sobra en Terroso é monte. Se antes, con tan pouca xesta, tanta leira cultivada e tantas armadillas e costelas había paxaros para dar e tomar... non entendo a escaseza de animaliños silbadores. O conto ten fácil explicación: antes había millo, centeo, uvas, froitas varias e os paxariños tiñan onde comer e poñer os niños. Hoxe todo son xestas e toxos e as súas sementes non lle gostan a moitos... Volvendo ós figos direi que falar dos mesmos é só un motivo de dicir algo. Como andades todos tan liados e os que antes escribían deberon perder o tren... terei eu que manter un pouco o forno quente por se algún inda quere cocer unha fornada. É certo que en Terroso hai poucos ordenadores; pero os que andamos por fóra e lemos a páxina ben podemos perder dez minutos e mandar un saúdo por dicir que estamos vivos:-"Hola, son o neto do Bochinche e teño unha burbulla na lingua por contar as estrelas do ceo unha noite ás dúas da madrugada". Non sería moito; pero xa saberíamos que o Ernesto inda anda por iste mundo de Deus. Pois a darlle ás teclas, que unha mensaxe pódese escribir ata en euskera, que por algo fomos á escola...

PacoBarxa

sábado, 20 de agosto de 2011 a las 15:55

 

Camiños e corredoiras...

Camiños e corredoiras...

Como ben di "silla do rei" andar por a serra é unha penuria, xa que etá toda enzangallada de restos das queimadas e de non andar xentes e gando por os montes. Nos meus tempos de neno, e despois tamén, podías percorrer a serra toda sen precisar apartar unha xesta. Hoxe a cousa é terrible. No mes de xullo quixemos subir por a carretera vella que levaba ata os Pasadoiros e de aquela carretera só queda un camiño mal coidado que malamente se pode seguir por o desfeito que está. E agora que amañaron a estrada de Soutochao penso que se viña mellor por o Salto do Cabalo e seguir por a vella ata a Talaya, onde empeza o pobo que se está a facer de novo.
Na serra, inda que podes ir de Portas Abertas ata o Salto en coche, se pretendes ver os Penediños, meterte na Pala, no Forno ou baixar por a Cabanca do Potiño... como non leves un machete vaiche ser difícil... Quixen facer fotos dos Penediños dende o Filgueiro e non atopei os vellos camiños que levaban ata alá. Tuven que sacar as fotos dende a Míllara e saíron moi lonxe, sen a beleza que teñen aquelas pedras da nosa serra que cada unha ten a súa historia. Poucos sabedes agora que no fragueiro que baixa dende os Penediños hai coma unhas pisadas de cabalo gravadas na pedra que che permiten baixar fraga abaixo ata case o bordo. Para baixar convén atarse cunha corda a ún dos penedos e ir escorregando ata ver a caída en picado. Contábase antes que a tía Presentación, avoa do Pepe da Adoración, baixou para coller unha cabra que se lle escapou fraga abaixo. Cando chegou ó fondo non puido subir e tuveron que axudala os outros pastores. Outras tantas lendas existen da Pala, na que te podías meter arrastrándote e na que ninguén quería entrar por medo a que houbera lobos. No forno, o Potiño, o Nízcarro, a fraga das sete talladas,
que intentaron traballar os canteiros e que deixaron porque a pedra era moi dura para as ferramentas de entón. A Fraga do esvaradoiro, onde rompiamos o cú dos pantalóns a esvarar nun carro de xestas e queirugas...
¡A de contos que se podían contar! Os máis vellos de Terroso inda recordan como había que subir serra arriba por o Valeciño para poder ir ata Vilardevós, a pé ou en burro, que cabalo só tiña o cura... Se quixera contar cousas acabaríaseme a memoria do ordenador e só sería empezar... Pídovos a vós que continuedes coa tradición e non deixedes esquecer algo que foi a nosa historia familiar, da que me sinto orgulloso.

PacoBarxa.

sábado, 06 de agosto de 2011 a las 20:46

 

Carrouchos

Carrouchos

Fai pouco tempo estiven no pobo levei a camiñar os meus fillos pola serra e deume moita pena get que os camiños i carrouchos que eu lembraba xa non aparecen. Amin que non me gusta seguir as carreteras... E unha verdadeira pena para os que nos agradaria enseñarlle os nosos collide os pequenos e escondidos cachiños do noso pobo ... Non esta na mida man pero crept que entre todos os que viven ou viaxan de cando en cando a terroso .... Recordos para todos. E a primeira vez que escribo ainda que acostumo a leer de vez en cando

jueves, 04 de agosto de 2011 a las 20:38

 

O cruceiro

O cruceiro

O outro día, despois de perdernos na queimada da Atalaia, baixamos por o bosque de eucaliptos que ven dende alá arriba e remata no que antes era o prado dos da Costiña, onde o Manuel tiña unha choza que semellaba un palacio... Na estrada (carretera) de Soutocobo topamos co Paco do Nero e co portugués, que non sei o nome. Estaban a falar de cando fixeron o camiño cara san Vicente. Por o visto unha das primeiras cousas que fixeron foi retirar as pedras do cruceiro, que xa estaba medio esborrallado. Logo encheron de terra e pedras o que antes era o embalse para regar a Veiga toda, as pozas. Rematado o camiño colleron as pedras coa máquina e foron apiolándoas como mellor lle asentaban. Entón comenteille a Paco que a cruz estaba ó revés. "Non me estraña, vista a maneira como as colocaron"- respondeu. ¡Era visto!
Co tempo ó mellor ata pode ser un atractivo turístico. De momento vai atraendo paxaros á espera de poderen beber no regatiño que lle deixaron ás arráns.
E a ver se alguén lle conta ó alcalde que xa vai sendo hora de amañar as rúas dentro do pobo, porque empeza a haber moitos buracos onde poder rachar as rodas dos coches. E no verán inda imos bastantes por alá...
Que alguén diga algo, porque non é só ir pescar troitas.

PacoBarxa.

sábado, 16 de julio de 2011 a las 10:59

 

O cruceiro está mal posto.

O cruceiro está mal posto.

No mes pasado estuven coa familia en Terroso. Como me pareceu pouco... volveremos. Da outra vez fixen unhas poucas fotos, que xa tedes na páxina, e ó mirar o cruceiro vexo que hai un erro na restauración. Cando fixeron a "autopista" cara san Vicente tiraron co cruceiro e andou a dar tumbos como cando nos tirabamos por a fraga de Esvaradoiro, alá na serra. Logo erguérona; pero non se fixaron moito na maneira de colocar as pedras. Se vos fixades nas dúas pedras que forman a cruz, non a base, a primeira de arriba está ben, inda que a segunda, o pé da cruz, debería estar ó revés. Fixándose vemos que parte da pedra ten as esquinas "matadas". Dándolle a volta de como está quedaría cual a fixeron no oxiren. É fácil de amañar con darlle a volta á pedra. Eu acórdome de pequeno que no buraco que hai na base inda se podían botar moedas a un santiño que había dentro, con cristal, que logo desapareceu. A xente, na festa, púñalle frores.
En todas partes hai cruceiros e a xente tenlles certo respeto, non xa por motivos relixiosos, senon porque case sempre estaban no cruce de camiños e lembraban vellas tradicións. Convén manter un pouco a cultura dos antigos porque gracias a eles estamos nós no seu lugar...

PacoBarxa

jueves, 07 de julio de 2011 a las 19:45

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el lunes, 13 de mayo de 2024 a las 23:25:25
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE