Estamos renovando MisPueblos.es
En las próximas semanas tendremos una versión completamente renovada,
mientras tanto no publicaremos actualizaciones.
Disculpen las molestias.

Terroso

Orense - Galicia

NOTICIAS

Si quieres mantenerte informado de lo que ocurre en TERROSO, esta es tu página, puedes añadirla a tu sección de "Favoritos". No sólo encontrarás noticias de Terroso, también te informamos de las localidades mas cercanas donde se vayan generando datos de interés.

Si quieres enviar NOTICIAS relacionadas con Terroso puedes hacerlo. Recuerda que puedes complementar la información con una fotografía.

 

Restaurantes en Terroso

Terroso > Noticias

O tellado da Iglexa.

O tellado da Iglexa.

Os que andamos por fóra queremos saber se xa acabaron cos amaños da Igrexa.
Se alguén dos que andades por Terroso pode sacar algunha foto de como van quedando as cousas... sería de agradecer que a poña na páxina. Eu tiña pensado ir coller as castañas, inda que non sei de certo se poderei ir. De todas maneiras os da Portelada tendes ordenador e as vosas fotos son bonitas. Veña, mandande máis que a todos nos gustan.

PakoPako.

lunes, 05 de noviembre de 2012 a las 14:00

 

Para que se sinta poeta

Para que se sinta poeta

Rosalía en outono... (cantando)

Debruzado no colo da noite
durme o gato acarón do meu lar.
Unha abella fungaba no vento
porque azucre quixera roubar.
Unha abella moi vella, velliña,
unha abella tan vella e valente,
miña xente,
que ata en soños me quixo bicar.
Eran bicos de unha abella vella,
porque novas xa moitas non hai:
van de troula mexando nas frores,
e con viño non poden ser nais.
Botellón de abelliñas nos parques,
onde todo é cuestión de xuntárense,
hei, rapaces...
a iste paso ata o mel morrerá.
Debruzado na noite ás escuras
durme un gato e non sabe pensar,
que bebeu moitas cuncas de mosto
cando antonte pisou no lagar.

PakoBarxa

sábado, 27 de octubre de 2012 a las 10:44

 

Bravo pola Comunicación, Terroso

Bravo pola Comunicación, Terroso

Doume conta que en Terroso hai unha boa canteira de escritores, somos o pobo do Concello que máis escribimos, a min paréceme xenial esto, que escribamos para que a Historia do noso pobo e as nosas xentes non caia no olvido e tampouco a nosa fala galega particular (esas palabras que é difícil escoitar noutros pobos e que son terrosanas-terrosanas, seguro que sabedes ás que me refiro), que sepamos de onde vimos, que coñezamos o noso pasado, a nosa Historia, que nos toca case máis, ás veces, que a Historia a niveles maiores..., ésa que ven nos libros

Saúdos e enhoraboa pola Comunicación, que nos fai máxicos...( como dice Xoan Pardo)

Adelina

miércoles, 24 de octubre de 2012 a las 12:23

 

Os santos

Os santos

Este sabado levaron todo los santos da igrexa para restaurar, asi que os que queiran colaborar e donar algo pro arreglo que sepan que hai unha conta onde poden ingresar.

lunes, 22 de octubre de 2012 a las 20:27

 

PRIETO...

PRIETO...

Xa sabedes todos o que di o Sr. Viguera. Se alguén se apellida PRIETO e quere saber se ten parentes en Cerdedelo de Laza pode preguntar ó sr. Xuez que vos poñerá en contacto cos vosos parentes, se non os conocedes xa, claro. A min sóname algo de Prieto na familia do tío Fidel... Eles poden confirmalo.
Graciñas, Manolo, por o inciso. A ver se sae algo positivo do informe.

PakoPako.

martes, 16 de octubre de 2012 a las 12:59

Tienes mas noticias cerca de aqu�, en Arzadigos, Villardevos y Soutochao.

Página generada el lunes, 29 de abril de 2024 a las 3:31:50
© Mis Pueblos, S.R.L. 2006. Todos los derechos reservados. info@mispueblos.es - AVISO LEGAL - QUIÉNES SOMOS - ANÚNCIATE